UNA NIÑA CON TETAS
Esta mostra pertence á artista Teresa Larios (A Coruña, 1997) e nela proponnos unha representación da súa infancia mediante o uso da cerámica e a poesía, apoiándose transversalmente noutras disciplinas como a pintura ou o téxtil.
A exposición configurase como unha casa de bonecas á que a artista nos convida a entrar para somerxernos neste universo íntimo que ela crea e a través do cal procura unha compresión do mundo. A infancia convértese no eixo central da práctica creativa para dar resposta as cuestións esencias da vida.
Deste xeito volta ao fogar de cando era unha nena, debido a importancia que este ten para ela nesa etapa vital. Del toma o obxecto como unha representación dese lar creando diferentes elementos que se van acumulando polo espazo expositivo. Así estes obxectos van construíndo a casa, a ela, mais tamén nos falan da importancia da beleza ante a homoxeneización do mundo ou da precarización na que ela tamén vive. Madurez, despertar do xuízo, a identidade son outras reflexións que nos propón Una niña con tetas, unha exposición na que xogar e reflexionar, unha gran casa de bonecas na que pensarmos.
Teresa Larios unha coruñesa aficanda en Lugo. Formada en cerámica na ESAD Ramón Falcón de Lugo, é unha creadora multidisciplinar que traballa dende a pintura, o fanzine ou a foto, mais que ten a cerámica e a poesía como vértebras de todo o seu traballo. Hai un ano montou o seu propio obradoiro dentro d’A Casa dos Cravos, lugar que tamén acolle a Solaina e a outres 3 artistas. Nel ten o seu espazo de creación mais tamén imparte aulas de cerámica.