Sergio Marey




Proxectos

Persoais

      • Total nós xa estamos mortas  
      • Zoadeira  
      • Maricones y travestis a la calle  
      • O que non canta nin baila que ven facer a ruada?  
      • U-las reliquias?
      • Se te não amo, falleço
      • Cai na auga e rompe, cai no                         penallo e non rompe
       • Torreiro

       • Relembrando a Trini
       • Deus te livre
       • Teño un caravel no peito
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis           mártires disidentes
       •
Rural e tradición, un fogar en                       igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       •
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la                       memoria del Nunca  máis
       •
Decreto 79/2010
       • Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa


Solaina

Galería

      • Perdendo a forma humana
      • Obscuración dalgún cuerpo                        planetario

      • Rabuñan as voces
      • (Corazón) con(suela) que el                          (mundo) (rueda)
      • Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       • Olladas a endometriose
       • As 7 e 7
       • Rosalía no Barrio
       • A Palleira
       • Estar pensando na morte da                       becerra
       • Viesca de reflexión
       
• Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
• Streetviewcompostela
       • Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
• O Furancho
       • Ciclo Colusión
       • Feira da bágoa   
       • Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

CRAVOS COMA TOXOS




            Fotografías de Lois Cid
            Exposición realizada para a Rede Museística de Lugo co apoio da Área de Culutra da Deputación de Lugo e a Caixa Rural Galega
            

Cravos coma toxos, unha exposición que reúne a obra de 10 artistas galegos e portugueses, curada por Sergio Marey para a Rede Museística de Lugo, a través da cal se da nome a un novo movemento que busca por de manifesto as conexións entre Galiza e Portugal, máis neste ano no que Lugo é a capital cultural do Eixo Atlántico. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 22 de Xuño e Sergio, o seu curador, definea da seguinte maneira:

Cravos ao peito que rezuma luz, a noite vívida, unha escolma onde o preto se volve branco. É así. Sentimentos, mente, subconsciente. Luz, pasmación, marabilla. É a nova arte galego - portuguesa, o neotenebrismo. Porque é das tebras, do negro negrísimo de onde xorde o sublime. Cravos coma toxos trátase dunha exposición que reúne a 10 artistas de ámbolos dous países, de terras asoballadas, de xentes sufridoras. 

Perante a distancia, a unión. Cando o mundo se afana por ocultar, esquecer, relembramos na noite, trazamos camiños, tuneis, que como toupas, sen ver, fannos atoparnos. Un encontro que xorde a través da arte. Obras que son metáforas de todos eses ocos abertos no preto, que nos achegan. 

Así a través da obra de Andy James, Antía Caldeiro, Carlota Caçador, Fernando Voyeur, Hermes, Hugo Sousa, Noemí Nuñez, Noemí Parguelas e Nuria López descubrimos estas conexións. Navegando entre as súas creacións poderemos atoparnos con tradición e cultura, con pasado, presente e futuro. Verémonos as caras coa sociedade, a galega e a portuguesa, coa súa interrelación asi como coa maneira que estas teñen de habitar os seus espazos e as súas realidade. Con obras que van dende o téxtil á foto, pasando pola pintura, a instalación, a cerámica, a instalación e incluso a publicación esta exposición quere amosar que está a pasar no Oeste da Península Iberica, e o que leva pasando toda a vida. Rexuntar dous pobos a través da arte e a cultura, e mostrar o que sempre os uniu.

A mostra tivo lugar no Pazo de San Marcos e estivo aberta ao público do 22 de Marzo ao 22 de Xuño de 2023