Sergio Marey




Proxectos

Persoais

      • Total nós xa estamos mortas  
      • Zoadeira  
      • Maricones y travestis a la calle  
      • O que non canta nin baila que ven facer a ruada?  
      • U-las reliquias?
      • Se te não amo, falleço
      • Cai na auga e rompe, cai no                         penallo e non rompe
       • Torreiro

       • Relembrando a Trini
       • Deus te livre
       • Teño un caravel no peito
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis           mártires disidentes
       •
Rural e tradición, un fogar en                       igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       •
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la                       memoria del Nunca  máis
       •
Decreto 79/2010
       • Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa


Solaina

Galería

      • Perdendo a forma humana
      • Obscuración dalgún cuerpo                        planetario

      • Rabuñan as voces
      • (Corazón) con(suela) que el                          (mundo) (rueda)
      • Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       • Olladas a endometriose
       • As 7 e 7
       • Rosalía no Barrio
       • A Palleira
       • Estar pensando na morte da                       becerra
       • Viesca de reflexión
       
• Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
• Streetviewcompostela
       • Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
• O Furancho
       • Ciclo Colusión
       • Feira da bágoa   
       • Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

TEÑO UN CARAVEL NO PEITO



           Peza realizada na Fonte da Cristina durante o FIOT - Festival Internacional Outono Teatral de Carballo, A Coruña
A proposta nace encadrada dentro da convocatoria Metro Cadrado que lanza o Festival FIOT de Carballo. Así o colectivo Aviva-lo (Sergio Marey e Alberto Ovejero) crea a súa primeira peza pensada para un dos espazos propostos pola organización, a Fonte da Cristina. Así creamos esta peza performativa musical.

As fontes son espazos cheos de lendas. Lugares onde emana a auga máxica que logo percorre o interior da xente ficando xa por sempre nas súas mentes. Historias acuáticas que irán moldeando as persoas individualmente, máis tamén no seu conxunto, como sociedade.

“Teño un caravel no peito” é unha peza performativa a través da cal imaxinamos a lenda da Fonte da Cristina. Buscamos que o mito se faga realidade, que o público o presencie, para que fique logo na súa memoria. Un feito entre real e imaxinario que ficara neles por sempre.

A nosa proposta toma ás mouras como seres protagonistas deste mito. Dúas mouras que nos serven como representación de dous seres queers, para a través delas contar a realidade do colectivo LGBT+. Desta maneira creamos unha lenda coa que queremos amosar que é o que nos converte nun colectivo, como pese a que as persoas LGBT+ somos moi diversas somo capaces de unirnos, de comprendernos, de axudarnos e apoiarnos. Así “Teño un caravel no peito” é unha performance que simboliza como as persoas queers pese a termos realidades e vivencias diferentes partillamos fortalezas e carácter.

A performance consiste nunha representación de esta lenda na que nós representamos a estas mouras. Como mouras iremos construíndo diferentes accións que farán realidade o mito. Estas parten dun xogo coa fonte e o canto, con diferentes obxectos cerámicos, así como con flores e a propia auga da fonte. Un xogo acompañado dunha peza musical que nace da música tradicional galega e das súas coplas para ir construíndo ese son, esa historia.