Sergio Marey




Proxectos

Persoais

       Relembrando a Trini
       Deus te livre
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis mártires               disidentes
       
Rural e tradición, un fogar en igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la memoria del                     Nunca  máis
       
Decreto 79/2010
        Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa
       • Contratempo
       • Vermuth
       • Pestanas Postizas
       • Adeus


Solaina

Galería

        Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       •
Fly me to the moon

        Olladas a endometriose
        As 7 e 7
        Rosalía no Barrio
       
Grelería na Solaina
        A Palleira
        Estar pensando na morte da becerra
       • Viesca de reflexión
       
Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
Streetviewcompostela
        Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
O Furancho
        Tradicións 2.cuir
       • Ciclo Colusión
        Feira da bágoa   
       Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

CORRER E CANTAR





                Fotografías de María Vérez e imaxe gráfica de Teresa Larios

Con motivo da celebración do Orgullo 2023 e co título Correr e cantar a Deputación da Coruña tivo lugar o 17 de xuño unha xornada enfocada na diversidade sexual no campo da música tradicional. Unha serie de faladoiros, presentacións e actuacións musicais abordarán a presenza dos colectivos LGBTIQA+ neste ámbito.

O programa, comisariado por Sergio Marey, fai parte do proxecto "Rural e tradición, un fogar en igualdade" que desenvolve a institución provincial. A xornada abre cunha presentación a cargo do propio Marey e de Atenea García do estudo que realizaron na comarca de Bergatiños para coñecer a realidade do colectivo LGBTIQA+ no campo da música tradicional. A mesa redonda Creación contemporánea dende a tradición, moderada por Mercedes Peón reunirá a Berto, Meiga-i, Eva Outeiro de Toma a Terra, Gabi Reboredo, O Rabelo e Olalla Liñares de Oîma a falar das súas experiencias neste sentido.

Na sesión de tarde, Diego Salgueiro moderará a mesa A muiñeira, unha bandeira LGBTIQA+, na que Ana Canabal, Miguel Carballo, Pedro García Louzao, Rosalía Portos e Xela Montero falarán da súa experiencia e realidade como persoas LGBTIQA+ nestes ámbitos. Unha sesión de narración oral para adultos a cargo de Atenea García co título de Vicio houbo sempre, e unha conferencia Noemi Basanta, integrante das Adufeiras de Salitre e Doutora en Filoloxía Galega, sobre "ideoloxías e posicionamentos de xénero no baile e a música tradicionais galegas" continuarán a xornada.

Como feche, unha actuación das Tocadoras da A.C. Raigañas de Cerqueda, con coplas de temática LGBTIQA+ abrirá unha foliada aberta a todas a persoas que queiran participar. Todas as actividades desenvolveranse na Praza de Azcárraga, na Coruña.