MAQUILLAXE
ALBERTO OVEJERO (Lugo, 2022)
Maquillaxe do artista lucense Alberto Ovejero, unha exposición que reúne diferentes obras do autor que van dende a ilustración, o collage, o audiovisuais, o fanzines ou a música, mostrando todas as facetas do autor lucense. Así amosamos o importante potencial deste novo artista lucense que con tan só 20 anos se posiciona como un dos referentes da arte galega contemporanea.
Alberto Ovejero é un artista visual lucense nado no ano 2002. A súa obra consta de creacións plásticas, anque tamén explora outros mundos mesturando o debuxo co vídeo arte e a producción de música experimental. A súa obra é moi intimista dende a que explora o seu ser, as súas vivencias, a realidade queer... pero dotandoa dun caracter moi universal que permite que chegue ao público xeral e que a sintan súa moitas persoas.