Sergio Marey




Proxectos

Persoais

      • Total nós xa estamos mortas  
      • Zoadeira  
      • Maricones y travestis a la calle  
      • O que non canta nin baila que ven facer a ruada?  
      • U-las reliquias?
      • Se te não amo, falleço
      • Cai na auga e rompe, cai no                         penallo e non rompe
       • Torreiro

       • Relembrando a Trini
       • Deus te livre
       • Teño un caravel no peito
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis           mártires disidentes
       •
Rural e tradición, un fogar en                       igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       •
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la                       memoria del Nunca  máis
       •
Decreto 79/2010
       • Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa


Solaina

Galería

      • Perdendo a forma humana
      • Obscuración dalgún cuerpo                        planetario

      • Rabuñan as voces
      • (Corazón) con(suela) que el                          (mundo) (rueda)
      • Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       • Olladas a endometriose
       • As 7 e 7
       • Rosalía no Barrio
       • A Palleira
       • Estar pensando na morte da                       becerra
       • Viesca de reflexión
       
• Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
• Streetviewcompostela
       • Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
• O Furancho
       • Ciclo Colusión
       • Feira da bágoa   
       • Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

A PALLEIRA





                Fotografías Lois Cid

FERNANDO TOMÉ (Lugo, 1989)


A exposición “A Palleira” de Fernando Tomé acerca ao noso espazo, Solaina, a diversificación actual da súa produción artística. Entre a escultura cerámica, pintura e fotografía o artista trasládanos o seu mundo plástico e interpretación particular da contorna. 

Nesta ocasión realiza un colaxe poético a partires de fragmentos do poema científico De rerum Natura de Tito Lucretio Caro, o cal emprega como medio para contextualizar e presentar a mostra. 

O título da mostra “A Palleira” ven dado polo interese en facer referencia a eses espazos que pasan a ser abandonados ou esquecidos e que son tamén contedores de obxectos e materiais que despois da sua vida “utilitaria”, son deixados e de algún xeito “sentenciados” a unha aparente morte sendo agochados, silenciados e afastados na penumbra. 

Mais estes obxectos e materiais fóra da nosa mirada cotiá continúan nun proceso de transformación, nos que o tempo segue a deixar pegada fóra da súa relación co que concibimos por “útil”. Así pois nese estado de metamorfose os obxectos e elementos participan dun xogo para dar lugar á creación de novos diálogos entre si, xerando tamén novos significados e equilibrios na súa composición, maia mantendo consigo partes dunha memoria con moitas historias que contar. 

É de aquí, precisamente que nace entón a inquedanza de voltar a ollada sobre eses materiais e facer do proceso creativo un xogo automático de ensamblaxes beneficiado polo cruce de camiños aparentemente aleatorio entre individuo e obxectos ou materiais. 

Esta metodoloxía na práctica creadora entende da continuidade na mutabilidade e a transformación, na que os corpos se descompoñen e recompoñen no baleiro e na escuridade da palleira para a partires da loita entre o equilibrio e desequilibrio, entre a orde e o caos, modelar novas formas e composicións. Desta maneira unha parte importante das pezas xorden da participación nesa loita, que nese sinxelo xogo de ensamblaxes e equilibrios pretenden cuestionar a fraxilidade deses conceptos: equilibrio, caos, creación e destrución, así como a relación entre os materiais contemporáneos. Procura unha fuxida da visión antropocéntrica e tamén dos estereotipos e canons do imaxinario colectivo para dar maior liberdade expresiva á propia materia e así poder empregar as súas propiedades estéticas e simbólicas como unha linguaxe plástica. 

Este compendio de ideas foi o que deu á luz a unha serie de “ídolos”. Mediante entroncados equilibrios conforman outro tipo de composicións antropomorfas posíbeis e que traen consigo partes de nós, para contarnos nunha especie de reencontro.