Sergio Marey




Proxectos

Persoais

       Relembrando a Trini
       Deus te livre
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis mártires               disidentes
       
Rural e tradición, un fogar en igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la memoria del                     Nunca  máis
       
Decreto 79/2010
        Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa
       • Contratempo
       • Vermuth
       • Pestanas Postizas
       • Adeus


Solaina

Galería

        Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       •
Fly me to the moon

        Olladas a endometriose
        As 7 e 7
        Rosalía no Barrio
       
Grelería na Solaina
        A Palleira
        Estar pensando na morte da becerra
       • Viesca de reflexión
       
Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
Streetviewcompostela
        Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
O Furancho
        Tradicións 2.cuir
       • Ciclo Colusión
        Feira da bágoa   
       Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

AS 7 E 7





                Fotografías de Lois Cid
                Mostra realizada para o Museo Provincial de Lugo co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo

As 7 e 7, hora de falar

Que ocorre coas mulleres na arte? Onde están as obras das creadoras nos museos? Estas e outras moitas preguntas son as que nos facemos todos os días cando queremos falar das artistas, indagar sobre elas, traballar con elas... Pese a que nos últimos anos se deron pasos, aínda queda moito por facer. As obras de mulleres nos museos seguen invisibilizadas, a súa presenza nas mostras é ínfima do mesmo xeito que nas academias, nas coleccións e nos recoñecementos. Mais xa non só falamos das grandes creadoras da nosa historia ou aquelas máis consagradas, senón tamén das dificultades que sofren as emerxentes, aquelas que comezan a súa andaina no mundo artístico, onde o seu acceso segue a ser complicado.

As 7 e 7 é unha mostra que busca pular polo coñecemento e as achegas que elas fan á arte, ao pensamento de Galiza e do mundo, xa non só ao longo da historia senón tamén agora. As 7 e 7 quere dar á coñecer ás 7 artistas cuxas obras están expostas no Museo Provincial de Lugo, sacalas a luz e valorizalas como as referentes artísticas que son. A mostra estará composta por obras seleccionadas de Maruja Mallo, Xulia Minguillón, Mónica Alonso, María Luísa Pérez Herrero, María del Carmen Corredoira, Violeta Bernardo e María del Carmen Álvarez de Sotomayor y Castro presentes nesta colección que se misturarán coas de outras tantas artistas emerxentes – Noa Costas Martín, Christina Chiarroni, Carmen Quintáns, Sabela Eiriz, Greta Debelius e as irmás Noa e Lara Castro Lema -. Desta maneira 7 artistas e colectivos actuais crearán 7 obras tendo como referencia as obras das 7 artistas da colección, dando como resultado unha mostra colectiva, As 7 e 7. Xorde así unha exposición colectiva que xunta pasado e presente, que pon en valor o traballo das mulleres creadoras, alzándoas como os referentes que son. 14 obras, 14 mulleres, 14 pensadoras.

Trátase dunha mostra para ensinar, para educar na nosa historia da arte pasada e actual, para aprender a mirar a arte das nosas creadoras, para ilo durante a mostra desenrolaranse unha serie de actividades enfocadas á educación na arte. Ademais as obras realizadas pasaron a formar parte da colección do Museo Provincial de Lugo.

A mostra realizouse no Museo Provicial de Lugo do 29 de Febreiro ao 11 de Abril