EÓLICA ASÍ NON!




            Fotografías de Lois CId
            Exposición realizada en colaboración con Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)             
           

Eólica Así Non!, unha mostra colectiva realizada en colaboración con Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza) conformada pola obra de 7 artistas, Catara Rego, Andrés Dearca, Lúa Gándara, Lois Cid, Olmo Blanco, Raquel Álvarez e Sergio Marey, este último tamén é o curador da mesma. Nela podemos atopar dende pintura ata obra dixital, pasando pola tatuaxe, a escultura e o audiovisual. Unha variedade de obras e disciplinas coas que as artistas amosan o espolio enerxético ao que esta sendo sometida Galiza e ponhen de relevo a importancia do coidado do medio ambiente e o patrimonio do país. A proposta nace como unha reivindicación social, máis tamén quere amosar a importancia da paisaxe e o medio para as artistas galegas, algo que as atravesa, que atravesa a arte galega en xeral, e que é reflexo da sociedade. Por ende a exposición quere amosar a importancia da paisaxe e o medio para a xente da Galiza.

Levamos anos nos que esta terra foi vítima do roubo dos nosos recursos para seren posto ao servizo de grandes enerxéticas do Estado mais tamén europeas e do mundo, apoiadas polos gobernos tanto galego, como estatal como europeo. Recursos hídricos, eólicos, madeireiros... a través dos cales se contribúe á destrución da nosa paisaxe e do noso patrimonio, non só natural, senón cultural é artístico, pois para a extracción de moitos deste recursos se destrúe restos arqueolóxicos, vilas... Eólica así non! quere reflectir as implicacións que ten, neste caso a produción de enerxía eólica. Esta implica unha serie de graves problemáticas, que lonxe de minguar, se acrecenta co paso do tempo, de aí o xurdimento desta proposta curatorial. Dende a seca de regatos, humedais, a aceleración da extinción de flora e fauna, destrución da Rede Natura 2000 así como de outros espazos protexidos, alteración dos ecosistemas... e un longo etcétera. Esto é sobre o que quere facer reflexionar Eólica así non! e propor un modelo alternativo, un modelo de enerxía soberana, social e sustentábel, pensada por e para Galiza. Queremos enerxía verde, si, pero xa temos cuberta a nosa demanda dende hai anos, queremos eólica, si, pero así non. Queremos enerxía pública, producida na nosa terra e para a nosa terra, xusta coa sociedade, que conviva cos usos forestais e agrogandeiros, que loite contra a pobreza enerxética, contribúa á economía local, socialice os beneficios, se axuste á demanda, estea planificada para poder conservar o noso medio, excluído dos plans as áreas de especial protección e os espazos cun especial interese ambiental, paisaxístico, patrimonial, cultural ou agropecuario. Unha alternativa da que nos falará máis polo miudo Adela Figueroa Panisse, membro de Adega, durante a inauguración da mostra así como da problemática da eólica no Concello de Lugo.

Solaina será a primeira parada desta mostra que pretende iniciar unha xira polo país amosando a través da arte contemporanea que esta a pasar, acompañadas sempre de Adega que falara da situación da eólica en especifico para o lugar onde Eólica Así Non! Se expoña.

A mostra puido visitarse ao público en Solaina do 31 de Marzo ao 15 de Maio de 2023