QUE É GALIZA?
Serie de 3 pezas cada unha de 12 x 30 x 7 cm (aprox.)
Cerámica semiesmaltada
2023
“Que é Galiza?” é unha serie de esculturas cerámicas que parte do poema homónimo do poeta monfortino Lois Pereiro. A través delas vínculo as verbas do poeta con símbolos inherentes do noso rural e da nosa cultura. “Que é Galiza” é unha serie de mans realizadas en barro nas que eses simbolos forman partes das mesmas, saen do seu interior, son parte delas, mentras as verbas semellan estar gravadas cun coitelo sobre a pel facendoias sangrar a estas mans. Crudeza que se converte realidade, é verdade. Que é Galiza? Que son as galega? Que son eu? Todas teñen unha mesma resposta, somos prado, somos vacas, somos tradición, somos trigo, somos pedra, somos terra, somos ameixas, somos toxos, somos lobos, somos pitas, somos auga, somos carballos… somos nós.