DEUS TE LIVRE




           Peza resultante da 2ª Edición das Residencias ao Caraño! realizada no lugar de Caraño en Pol (Lugo)

Deus te livre de estar onde estás,
de ser o que és 
e de ter o que terás.  

Deus te livre de tudo 
menos de nao ter deveres, 
e dos seus venenos.  

Deus te livre 
de que te tomem por mulher, 
e também por homem.  

FERNANDO PESSOA


Deus te livre é unha instalación performativa que combina diferentes medios e soportes o téxtil, o vídeo, o audio e a performance para reflexionar sobre as analoxías culturais transfronteirizas galega e portuguesa, á vez que se establece un paralelismo entre a figura de Fernando Pessoa e o autor da proposta, Sergio Marey, que serve como base de investigación das representacións LGTBI+.

Así a obra constrúese arredor dunha peza principal, a manta, tecida con lá sen fiar e fíos de xute usados para atar chourizos. Esta manta tecida pole artista parte da importancia do téxtil na industria de ambos países e nela entretecesen diferentes obxetos recollidos en diferentes viaxes por Galiza e Portugal. Obxetos que van dende bonecos, a culleres, candeas, cerámica ou fotografías enre outras e que dalgún xeito se enlaza coa obra de Pessoa e Marey.

Partindo da importancia dos soños na obra de Pessoa se configura a parte performativa e audiovisual. E artista toma videos de arquivo de ritos que teñen a ver co paso das almas, combina textos de Pessoa e seus e crea, en colaboración cos artistas Adrián Méndez e Alberto Ovejero, unha paisaxe sonora que parte do cante alentejano (Portugal) e os cantares de cego (Galiza). Con estes elementos configura a parte performativa, un rito liturxico neopagano que invita a reflexionr sobre es referentes LGBT cuestionando a memoria creada.