Sergio Marey




Proxectos

Persoais

      • Total nós xa estamos mortas  
      • Zoadeira  
      • Maricones y travestis a la calle  
      • O que non canta nin baila que ven facer a ruada?  
      • U-las reliquias?
      • Se te não amo, falleço
      • Cai na auga e rompe, cai no                         penallo e non rompe
       • Torreiro

       • Relembrando a Trini
       • Deus te livre
       • Teño un caravel no peito
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis           mártires disidentes
       •
Rural e tradición, un fogar en                       igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       •
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la                       memoria del Nunca  máis
       •
Decreto 79/2010
       • Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa


Solaina

Galería

      • Perdendo a forma humana
      • Obscuración dalgún cuerpo                        planetario

      • Rabuñan as voces
      • (Corazón) con(suela) que el                          (mundo) (rueda)
      • Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       • Olladas a endometriose
       • As 7 e 7
       • Rosalía no Barrio
       • A Palleira
       • Estar pensando na morte da                       becerra
       • Viesca de reflexión
       
• Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
• Streetviewcompostela
       • Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
• O Furancho
       • Ciclo Colusión
       • Feira da bágoa   
       • Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

(Corazón) con(suela) que el (mundo) (rueda)



          A mostra estivo en Solaina do 10 de Xaneiro ao 1 de Marzo


Corazón), con(suela), que el (mundo) (rueda)  é o título da exposición de Jaime Remírez de Ganuza en Solaina Galería (Lugo), que condensa nunha polifonía de obras audiovisuais e fotográficas os extractos seleccionados da conversación cun territorio concreto, San Pedro Manrique, pobo da serra soriana. Mediante a experimentación con formatos e tempos, fotográficos e videartísticos, preséntanse unhas pezas que materializan as voces e sentires recolleitos tras dialogar cun territorio percibido algunhas veces como individuo e outras como colectivo, sempre sentinte, e atravesándoo polos propios afectos e vinculacións do artista co espazo.

O nome da exposición tómase das crípticas inscricións talladas sobre unha pedra situada na fachada da casa familiar, datada de 1676, que testemuña a subsistencia das voces do territorio a través do tempo, perpetrando as súas mensaxes mediante o folclore, a contorna e os seus habitantes, elenco que é tan autor das obras expostas como o artista que asina.

Jaime Remírez de Ganuza (Pamplona, 1998) é un novo artista que centra a súa produción na fotografía e o videoarte, experimentando cos formatos e contidos documentados, tratando de implementar maneiras alternativas de producir e percibir as obras videográficas e as artes visuais. Con todo, considera que a disciplina á que verdadeiramente se dedica é ao propio exercicio de mirar, independente do resultado obtido. Os seus métodos de creación parten de investigacións sobre temáticas socioculturais e políticas ás que se vincula desde o afecto, tratando de aplicar novas maneiras de observar, entendendo os territorios como corpos, como suxeitos con voz, historia e sentir propios, e percibindo, á súa vez, os corpos e suxeitos como territorios, expandindo así as posibilidades perceptibles do investigado e enriquecendo os procesos de produción e os resultados das súas obras.
.