PESTANAS POSTIZAS



            Curta finalista no Festival QueerPorto (Portugal) e no Athenes Fashion Film Festival (Grecia)

Motivada polo afán de inquedanza e rebeldía, “False Eyelashes” combina os aspectos máis matóns da Movida Madrileña (os seus personaxes, o seu estilo...) coa reciclaxe na moda, sendo o encaixe de Camariñas o seu elemento conxugante. As pezas elaboradas con tecidos reciclados doutros, aproveitan esta inspiración para crear unha colección de catro estilos de pezas sen xénero, onde a Movida está máis que presente nos estampados, nas formas das pezas, nos tecidos, nas máscaras feitas con bolsas de papel, pintados con maquillaxe e títulos de cancións nos seus lados.