CONTRATEMPO





            Peza audiovisual realizada durante a crise da Covid-19

“Contratempo” é un videopoema que nace na pandemia como unha reflexión paisaxís tica intimista na que mediante un poema obra de Nair González e imaxes gravadas durante o confinamento e tras él fago unha xustaposición entre o que vía e o que quería ver, entre o que non quería ser e o que son, entre o que non me agrada e o que me agrada, entre onde estaba e onde quería estar, entre a cidade e o rural.