Sergio Marey




Proxectos

Persoais

      • Debaixo do lavadoiro había un anillo d’ouro  
      • Total nós xa estamos mortas  
      • Zoadeira  
      • Maricones y travestis a la calle  
      • O que non canta nin baila que ven facer a ruada?  
      • U-las reliquias?
      • Se te não amo, falleço
      • Cai na auga e rompe, cai no                         penallo e non rompe
       • Torreiro

       • Relembrando a Trini
       • Deus te livre
       • Teño un caravel no peito
       •
Romería de Jeremías
       • Sorpresa no trigo
       • Viva Luceiro da Alba
       • Todo o mundo é contra min-eh

       • Cruceiro a santa Librada e demáis           mártires disidentes
       •
Rural e tradición, un fogar en                       igualdade
       •
Que é Galiza?
       • Crucifixión
       •
Escordadura sentimental
       • Las cartas sobre la mesa,  la                       memoria del Nunca  máis
       •
Decreto 79/2010
       • Píntame unha paliza
       • Espantallo
       • Luísa


Solaina

Galería

      • Perdendo a forma humana
      • Obscuración dalgún cuerpo                        planetario

      • Rabuñan as voces
      • (Corazón) con(suela) que el                          (mundo) (rueda)
      • Una niña con tetas
       •
Una casa a punto de cruz

       • Olladas a endometriose
       • As 7 e 7
       • Rosalía no Barrio
       • A Palleira
       • Estar pensando na morte da                       becerra
       • Viesca de reflexión
       
• Pluriempleada o muerte
       • Correr e Cantar
       
• Streetviewcompostela
       • Eólica así Non!
       • Cravos coma toxos
       
• O Furancho
       • Ciclo Colusión
       • Feira da bágoa   
       • Maquillaxe
       • Ciclo Mexer


Bio →

Contacto 

TRADICIÓNS 2.CUIR




            A mostra tivo lugar en Solaina entre o 5 de Xaneiro e 16 de Febreiro de 2023 
ICÍA VÁZQUEZ (A Coruña, 1991)

Tradicións 2.cuir, unha exposición de Icía Vázquez, unha deseñadora e fotografa de moda graduada pola Escola de Estudos Superiores en Deseño e Moda de Galicia (ESDEMGA), Universidade de Vigo recibindo no 2020 unha Beca Fulbright para estudar Fotografía na New York Film Academy en Nova York. O carácter visual da moda e da fotografía inspiraa a empregar ambas disciplinas como ferramentas de comunicación para falar dos problemas da sociedade contemporánea. O seu traballo caracterízase pola importancia dunha narrativa visual, convertíndose éste nun discurso político. Icía busca cuestionar as convencións sociais impostas na construcción do xénero e os seus roles.

Ser queer aínda é crime en 69 países arredor del mundo. A lista inclúe lugares como Afganistán, Barbados, Xamaica, Marrocos ou Túnez. Incluso en España, terceiro país do mundo en legalizar o matrimonio homosexual en 2005, as persoas LGBTIQA+ seguen sendo asasinadas e golpeadas por ser quen son. Icía cando mira á súa comunidade, ve persoas fortes e valentes; persoas que tiveron que enfrontarse á violencia incluso antes de darse conta da súa propia identidade. Persoas forzadas a esconder a súa personalidade para sobrevivir. Coa súa axuda, recontextualizou as vestimentas historicamente tradicionais, reapropiándose das propias culturas e trasladándoas ao mundo moderno. En palabras da artista “esta é a miña carta de apoio a todas aquelas persoas que non seguen a cis-heteronormatividade que a sociedade nos impón”.